Magosto - presentacion imagenes
A castaña é o froito do castiñeiro que os romanos chamaban "arbus panis" que significa "árbore do pan" , con elas facíase antes a fariña do pan.
Os lugares poboados de castiñeiros chámanse soutos.
O froito nace dentro dos ourizos que teñen de dúas a catro castañas.
A castaña salvou a moita xente de morrer de fame. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras. Pódense comer crudas, fervidas, asadas ou doces. Un xeito sinxelo de asalas é picarlle unha fenda para evitar que estouren mentras se asan.
O druídas (sacerdotes dos celtas) veneraban o castiñeiro e o carballo.
No século XVI viñeron o millo e as patacas de América, á vez, chegaron enfermidades como o chancro e a tinta que atacaron ás árbores.
Hai moitas variedades de castañas en Galicia: os bolecos, os barais, as bravas, as temperás e as rañudas.
O magosto é unha festa tradicional na honra das castañas e de S. Martiño(Ourense) que se celebra en Santos ( Pontevedra) e o 11 de novembro en Ourense.
A tradición do magosto consiste nunha merenda-cea na que non poden faltar as castañas e o viño novo.Celébrase nunha carballeira ou nun monte e acábase bailando , cantando e pintándose cos tizóns.
Paula e Diego Alonso.
(Traballo feito buscando información en Internet).