CARTEL DO ENTROIDO
Este ano fixemos
un cartel para esta conmemoración tan especial na nosa contorna.
Ademais invitamos a que nos visiten que o pasarán moi ben... Se o tempo nos acompaña!
Na clase participamos dun xeito lúdico e cada un aportou un pouco.
Tamén elaboramos un antifaz individual que tamén formou parte do cartel.
FOTOS DE ENTROIDO
viernes, 28 de febrero de 2014
lunes, 24 de febrero de 2014
Dia de Rosalía
O 24 de febreiro a biblioteca do Centro celebra
" O día de Rosalía"
Con tal motivo propóñennos para o terceiro ciclo que traballemos cos poemas "Castellanos de Castilla" e "A virxe da Barca" .
" O día de Rosalía"
Con tal motivo propóñennos para o terceiro ciclo que traballemos cos poemas "Castellanos de Castilla" e "A virxe da Barca" .
Estes poemas de Rosalía de Castro transmítenme o sentimento que expresaba ela ca poesía, unhas veces expresaba a súa ledicia e outras a súa tristura. Fixemos uns debuxos asociados aos poemas que nos foron asinados (Juanjo).- Os poemas de Rosalía de Castro sempre están cheos de sentimentos e dicían o que lle pasaba a algunhas persoas. Acompañámolos con debuxos, e quedaron moi ben. (Paula).
- Os poemas ensínanme que a poesía pode ser moi triste e explicar o que lles pasaba as persoas doutros tempos cando nós non vivíamos e a valorar o que temos. Fixemos uns debuxos referidos a eles e penso que os ilustraron perfectamente. (Fernando).
- Os poemas de Rosalía están cheos de sentimento,tamén son tristes por dicir o que lles pasaba as persoas para gañar cartos en Castela (Artur).
- Ensínannos, que ela todo o que vía ou sentía transformábao en poesía. Algúns poemas son tristes, outros alegres... Na clase fixemos dous acompañados dun debuxo, que estivera asociado co poema , quedaron moi ben (Sara).
- Rosalía paréceme unha gran poeta.Os seus poemas transmiten moito sentimento, dalgunha forma ensínannos o que ela pensaba e así a todo o mundo a respetou e a segue a respetar. A súa poesía que máis me gusta e a de" adeus ríos,adeus fontes", fixo un gran traballo con esa é demais poesias, por eso, no colexio lle fixemos unha pequena homenaxe .(Nerea).
- Rosalía escribiu moitos poemas dicindo o que sentía o que pasaba na súa vida, na dos seus amigos, familiares e a Galiza.(Emma) Estes dous traballos foron os elexidos pola clase para o taboleiro que hai na entrada do centro. Alí cos das demais clases fixeron un gran mural.
miércoles, 12 de febrero de 2014
Animación á lectura
lunes, 10 de febrero de 2014
DEBUXO DE ANTÍA
Este debuxo foi completado por Antía engádelle detalles e tamén coloreado ao seu gusto.Os compañeiros e compañeiras escriben.....
- Ten boa imaxinación e é creativa.Debuxa moi ben e ten moi bo gusto para as cores.Pintou con distintas técnicas e distintas formas.
- Encántanme as cores que ten, é tan colorido! Debuxa moi ben e fíxolle moitos detalles. O que máis me gusta son os detalles que fixo na roupa da científica.
- Gústame moito, case todos os compañeiros, copiamos o debuxo do lado, pero ela non o copiou, senón usou a súa imaxinación, e non podo dicir que está ben, está xenial (perfecto).
- Paréceme que esforzouse moito nos detalles e que ten moitas cores. Hai que fixarse nos estampados. O máis importante é que ela non copiou o debuxo, usou a imaxinación.
- É moi colorido e moi chamativo. A min o que máis me gusta do debuxo e a mestura de cores que ela fixo en todo o debuxo.
- O debuxo paréceme moi bonito por que utilizou moitas cores e tamén porque lle levou moito traballo. Encantoume o seu debuxo, propio dunha artista.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)