lunes, 24 de febrero de 2014

Dia de Rosalía

 O 24 de febreiro a  biblioteca do Centro celebra
 " O día de Rosalía"

Con tal motivo propóñennos para o terceiro ciclo que traballemos cos poemas  "Castellanos de Castilla" e  "A virxe da Barca" .

  • Estes poemas de Rosalía de Castro transmítenme o sentimento que expresaba ela ca poesía, unhas veces expresaba a súa ledicia e outras a súa tristura. Fixemos uns debuxos asociados aos poemas que nos foron asinados (Juanjo).
  • Os poemas de Rosalía de Castro sempre están cheos de sentimentos e dicían o que lle pasaba a algunhas persoas. Acompañámolos con debuxos, e quedaron moi ben. (Paula).
  • Os poemas  ensínanme que a poesía pode ser moi triste e explicar o que lles pasaba as persoas doutros tempos cando nós non vivíamos e a valorar o que temos. Fixemos uns debuxos referidos a eles e penso que os ilustraron perfectamente. (Fernando).
  • Os poemas de Rosalía están cheos de sentimento,tamén son tristes por dicir o que lles pasaba as persoas para gañar cartos en Castela  (Artur).
  •  Ensínannos, que ela todo o que vía ou sentía transformábao en poesía. Algúns poemas son tristes, outros alegres... Na clase fixemos dous  acompañados dun debuxo, que estivera asociado co poema , quedaron moi ben (Sara).
  • Rosalía paréceme unha gran poeta.Os seus poemas transmiten moito sentimento, dalgunha forma ensínannos o que ela pensaba e así a todo o mundo a respetou e a segue a respetar. A súa poesía que máis me gusta e a de" adeus ríos,adeus fontes", fixo un gran traballo con esa é demais poesias, por eso, no colexio lle fixemos unha pequena homenaxe .(Nerea).
  • Rosalía escribiu moitos poemas dicindo o que sentía o que pasaba na súa vida, na dos seus amigos, familiares e a Galiza.(Emma)                                                                                                                                                                Estes dous traballos foron os elexidos pola clase para o taboleiro que hai na entrada do centro. Alí cos das demais clases fixeron un gran mural.





No hay comentarios:

Publicar un comentario