lunes, 24 de marzo de 2014

SEMANA DA FILATELIA


SEMANA DE FILATELIA - Video Maker


Na semana pasada do 17 ao 21 de marzo tivemos "A Semana da Filatelia Xuvenil".
Chega ó noso centro pola iniciativa do profesor José Luís e dentro da asignatura de Cidadanía, que comenza a  traballar "o mundo dos selos" cos alumnos de 6ºA. 
Foi inaugurada polas seguintes personalidades :
  • D. Manuel Corredoira. Director Xeral de Educación
  • D. Argimiro Marnotes. Alcalde de O Carballiño.
  • Dna. Mercedes Gallego. Xefa Territorial de Ourense.
  • D. Ángel Pérez. Director de Zona de Correos.
  • D. Juan Carlos Blanco. Representante da F.E.S.O.F.I
Na semana da filatelia xuvenil aprendemos moitas cousas sobre a filatelia que é a arte de coleccionar selos antigos, de diferentes temas,.... no que tamén entra coleccionar postais.
 O primeiro selo foi feito en Gran Bretaña en1840 e, en España saíu o primeiro selo  10 anos despois.
Tamén tivemos unha pequena exposición de selos de diferentes temas, tamaños e idades e ensinaronnos como ordenar os selos para crear unha colección.
Ao final de esa clase mandamos unha carta ás nosas casas cun selo conmemorativo no que está o noso centro e dentro varios selos. Antia

A min gustoume moito esta exposición, porque non sabía moito sobre a filatelia, ademais  decateime de que estas exposicións so se realizarían en dous colexios ourensáns, por sorte, un deses colexios era o noso ,e que con esta exposición iamos aprender sobre esta materia , cultura xeral que sempre e bo, e haber se con esto se aprende a non esquecer o feito de escribir cartas porque é algo moi intresante e que se fai pouco.Jaime

Gustoume moito a exposición. Sabía moi pouco sobre a filatelia, pero agora sei bastante máis. Explicáronnos que son os selos, para que servían,como se deben despegar, as persoas que non necesitan usalo e como facer a nosa propia colección. Despois vimos un power point no que aparecían selos de moitos tipos. Foi moi interesante e divertido. Tamén nos enviamos cada un unha carta cuns  selos dentro ás nosas casas.Paula

Foi moi interesante, xa que eu non sabía nin que existía, pero grazas a esta clase de filatelia xa sei o que é. A filatelia e a arte de pegar selos. Non só hai dun tipo de selos senón que hai de moitas clases: de deportes, de animais, de persoas famosas... Ao final da clase puxemos a nosa dirección nunha carta e o noso nome E o selo era o noso colexio. O señor que estaba alí púxolle un mata selos e enviámolo a nosa casa. Tamén nos invitou a coleccionar selos. Sara

Gustoume moito a exposición, xa que, eu xa son bastante aficionado a filatelia, pero esta exposición serviume para aprender máis no mundo dos selos. Amosáronnos unha gran variedade de selos de todos os países e formas, para que servía o dentado que traen algúns selos, e para que sirven... Aprendín bastante e gustaríame volver.Juanjo

A filatelia ou tamén coñecida como arte de coleccionar selos e moi interesante, seino por experiencia xa que o outro día tivemos unha charla con distintas actividades como :

Ver un power point sobre a súa historia .
Un pequeno exámen para saber canto coñecíamos a filatelia
Enviamos unha carta con selos as nosas casas .
Por último o monitor Tomás enseñounos a súa inmensa colección de selos .
Encantoume  estou deseando que volvan .Nerea

Foi unha exposición estupenda da filatelia, e aprendimos moitísimo da filatelia, que é a arte de coleccionar selos, nos fixeron un pequeno exámen para ver se estivemos atentos, e o monitor díxonos que o fixemos moi ben. Logo fomos con Tomás a aprender moito dos selos, cal era o primeiro do mundo, selos especiais, cartas aéreas. Pasámolo de marabilla! Fernando


Gustoume moito o da filatelia o que máis me gustou foi de donde proviñan os selos e explicouno de que ano eran. Dixo que dende o ano 1950 para arriba que se podian sacar os selos das cartas e dende o ano 1950 para atrás non se podian sacar os selos e que primero había que consultar a un experto.A  partir de agora vou facer colección de selos porque interesoume moito.André



No hay comentarios:

Publicar un comentario