miércoles, 10 de abril de 2013

Carta

Carballiño,9 de abril de 2013

Queridas pantasmas:
Paréceme ben que veñades ao planeta Terra . Pero hai un pequeno problema , a min non me dades medo pero sí aos meniños pequenos que encanto escoitan a palabra pantasma asústanse moito .Por iso pidovos o grande favor de que non asustedes aos nenos senón aos maiores , animais…
Tamén aquí, hai unhas certas normas coma: non merodear polas rúas pasadas as catro da mañá , non habitar en vivendas familiares e sí en castelos abandoados como o de Monterrei, faiados, tenebrosas covas … ...........
Ah si! ,que non se me esqueza! que nin se vos pase pola cabeza comer a comida de algún habitante terrestre .
O que non cumpla as normas que se ateña as cosecuencias .
Estou deseando que cheguedes .
Cordiais saludos a vosa estimada amiga terrestre .
 Nerea.

Estimadas Sras. Pantasmas:
Son un neno do planeta Terra, chámome Diego, e grazas aos meus contactos no seu planeta Bort entereime que queren vir á Terra para asustar á xente. 

Alégrame moito decirlles que xa hai moito tempo que nós como os bortianos, tamén lle perdemos o medo as pantasmas, e que moitas das que vivían aquí tiveron que marchar para outros planetas.
 Aconséllolles que non veñan, xa que sería unha pena que perderan o tempo; busquen outro lugar onde si poidan asustar.

Un saúdo. Diego Alonso.

Queridas Pantasmas de Bort:

Xa sei que vós queredes vir á Terra, por min ben pero, non volo recomendaría porque na terra hai moita contaminación e ao mellor no é moi bo para vós e tamén hai xente moi porca que tira os seus desperdicios na auga, e contaminan.
Ademáis na Terra non hai moitas casas, faiados ou castelos abandoados para vivir neles, e os que hai estan (como decilo) inhabitables e cheos de arañas e ratos e gatos que poden estar enfermos e famentos.

Se queredes que vos dé unha opinión sobre o que queredes facer direivos que é moi mala idea.

Na Terra hay moita xente obsesionada co tema das pantasmas, esas persoas se vos pillaran meterianvos nunha cámara de seguridade ou algo polo estilo; obligaríanvos a facer cousas moi loucas e poderían maltratarvos.

Creo que estou esaxerando, non é para asustarvos pero.....................

Espero que vaiades a un planeta onde haxa xente medoñenta.

Debuxo de André
Un saúdo.
Antía

O Carballiño 9-4-13
Queridas pantasmas:

Escríbovos esta carta para que saibades que no planeta Terra hai moitos nenos que teñen medo ás pantasmas.

Acepto a vosa decisión porque se asustades aos nenos e quedades ledos a min váleme.Pero preocúpome por vós porque os nenos xa coñecen os vosos trucos.

Asi que,felices días de estancia na Terra

Un bico
Brais.


O Carballiño, 9 de Abril de 2013

Queridas pantasmas:
Escoitei que ao mellor vindes á Terra. A min por una parte non me gustaría moito que me dirades sustos. Pero os Bortianos, trátanvos fatal e a min tampouco me gusta que me traten mal.Así que se tendes coidado e non nos asustades moito podedes vir á Terra.
Temos, moitos castelos vellos, casas e pobos abandoados, donde poderiades vivir e sair pola noite, pero non nos asustedes os nenos, polo menos ós que temos medo.

Gustaríame saber se sodes moitas e se hai nenos e nenas pantasmas, que é o que comedes e como vos divertides.

Se vindes podedes vivir mellor ca no planeta Bort, aquí ninguén se rirá de vos, case todos os humáns temos medo, sobretodo os nenos pequenos.

Se decidides vir avisádeme antes, para que non me dedes un bo susto; despois de que vos coñeza poderiamos xogar xuntos.

Espero que decidades ben.

“Coidádevos moito”
Emma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario