lunes, 8 de abril de 2013

Os hórreos

OS HÓRREOS
O hórreo é unha construción antiga e típica de Galicia.
Hórreo de Outeiro de Arriba(O Irixo)

Serven para gardar o millo e outros cereais para que se sequen durante o inverno. Solíanse facer nas eiras onde podía haber varios, e tamén podían estar cerca das casas.
O máis grande do Irixo. Sueir
Están levantados do chan sobre uns pés de pedra, que poden ser cilíndricos ou cadrados, por riba unha mesada de pedra, aos lados postes de pedra e entre eles levan balaustres (que poden ser de madeira ou de pedra) cada tramo de balaustres é un claro. Pode ter un, dous, tres, catro ou máis cada hórreo . O tellado estaba feito de palla ou lousa e agora tamén de tella. 
Os frentes de pedra cunha porta ou dúas. Encima da porta gravaban o ano no que foi feito.
Os hórreos poden ser de ladrillo, de pedra e madeira ou de pedra só. Antigamente tamén os había de vimbio con pés de pedra e de forma redonda, o tellado de palla con forma de cono.
Estaban levantados do chan porque así non podían entrar os ratos e aireábanse ben as colleitas.Ademáis dos tornarratos tamén había os tornaformigas que era unha foxa chea de auga para evitar que subiran polos pés.
Frente: porta, adorno e placa.
Torcela(O Irixo)
Reciben distintos nomes según a zona onde se atopen:Cabaceira, canastro,     celeiro, piorno, palleira, cabazo...
Hórreo asturiano
Antígamente dicían que canto máis grande era, máis rica é a familia.
O máis grande de Galicia está en Carnota, construido no século XVIII, ten vinte e dous pares de pés.
Hórreo de Paciños
Louredo(Maside)
 Atópanse distribuídos polas comunidades de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria. 

Óscar e demáis compañeiros.
Hórreo de Paciños

Eira de hórreos








No hay comentarios:

Publicar un comentario