martes, 18 de junio de 2013

FESTIVAL

        

 O  día18 de xuño participamos no festival de fin de curso interpretando a canción "Adeus co meu corazón". Fixémolo moi ben! e foi unha experiencia moi divertida xa que tocabamos para todo o terceiro ciclo (Non cabemos todos no Salón). Algúns tiñan un pouco de vergoña, porque había unha parte que nos resultaba un pouco difícil pero coa axuda de Cecilia a nosa mestra de música non nos saíu nin un chisco mal.

Ensaiamos cinco ou seis veces ata que nos saíu ben e o único que necesitamos para facelo ben foi, a parte da frauta e ter memorizada a canción, sentirse seguro de si mesmo e confiar uns nos outros, un pouco de ritmo e.......... Adeus a todos co corazón!.

O que máis nos gustou foi de:
Cuarto que tocou, bailou e cantou coa súa banda Varón Dandy.
Quinto A que  bailou moi ben o Gentleman.
Quinto C que recitou moi ben a Rosalía.
Os de Sexto B gustounos a obra que eles mesmo inventaron
E por último Sexto A que tamén bailaron ben.

Foi o mellor festival dende que estou na Uceira.

Antía.    




No hay comentarios:

Publicar un comentario