lunes, 10 de junio de 2013

SAÍDAS

Inolvidable excursión.

O día 29 de maio do 2013 fomos de excursión a Pontevedra e a Forcarei. En Pontevedra visitamos o museo provincial no que había exposicións de xoias de ouro atopadas: colares, pendentes, torques, fibelas e diademas .
Outra exposición tiña cousas de prata feitas en diferentes continentes, había cousas como axóuxeres, pastilleiras, coroas, cubertos ……… ,para min a mellor exposición .
Por último unas cantas salas adicadas a exploración de Méndez Nuñez na que nos enseñaron algúns dos seus mobles, vestimentas, armas, cadros, coleccións de madeiras, etc.
Nunha sala había unha maqueta da Santa Maria o barco co que se descubríu América, era impresionante.  A continuación unha sala igual na que Nuñez se reunía cos seus navegantes, quedei ca boca aberta.
Raquel, a nosa guía enseñounos lugares da parte vella de Pontevedra ou antes chamada Ponte Vella, unha nova cousa aprendida.
As prazas da Verdura, da Ferrería, da Leña,a do Pan e o Leite;por toda a cidade había curiosas fontes, vimos as ruinas de Santo Domingo, a da Peregrina, patroa de Pontevedra e a de Santa María.
Nas rúas había escritas cousas e tamen vimos ao famoso loro Robachol moi querido que ao morrer a banda pontevedresa lle adicou unha canción, algo raro sendo só un loro.
Vimos parte da muralla, contáronnos lendas raras pero bonitas,vimos moitos cruceiros pero todo foi visto baixo os soportais xa que non parou de chover e chegamos empapados.
Tras comer no colexio A Xunqueira collemos camino cara Forcarei no que vimos o seu planetario situado no alto dunha montaña. Facia moito frío e o enorme telescopio estaba nunha cúpula xiratoria. Na planta de abaixo había un ordenador e unha pantalla dixital na que nos enseñaron fotos.
Chegamos agotados, aprendín moitas cousas e o mellor foron as ruinas da igrexa de Santo Domingo.
Mereceu a pena!
Nerea Carreiro Vàzquez. 
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

O día vintenove levanteime, almorcei, vestinme como calquer outro dia para ir o cole pero non era un día calquera, ía de excursión a Pontevedra. 

Collemos o autobús na parada da Veracruz sobre as dez menos cuarto. O día estaba chuvioso pero para mín presentábase moi especial.
 Despois dunha hora de viaxe chegamos, baixamos e presentáronos á guia que nos ía acompañar polas rúas de Pontevedra. 

Fomos as ruinas da igrexa de Santo Domingo, vimos tamén escudos e prazas.

 Raquel, que así se chamaba a guía, explicounos que os escudos servían para representar as familias.

 Na praza da leña, que se chamaba así porque alí se vendía leña antigamente,ao lado está o museo provincial Entramos nunha sala onde había utensilios de pedra, ouro e prata. Tamén estivemos nunha sala que parecía un barco e moitas cousas máis. 

Despois de comer fomos ao observatorio  astronómico de Forcarei. Vimos un telescopio enorme e tiña unha cúpula que se movía dun lado a outro.
 Ao sair do observatorio volvemos de novo ao autobús moi cansados. Na viaxe de volta a
  o Carballiño fun mirando moitas das fotos que saquei na excursión. Chegamos á casa cansados pero moi contentos porque a excursión foi moi divertida.

Diego Alonso González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario