viernes, 18 de octubre de 2013

O baobab


O BAOBAB

O Baobab é unha unha árbore do continente africano, chamada popularmente  “árbore botella” ou “árbore farmacia” .Pode chegar a medir de 5 a 30 metros dependendo da especie . Esta árbore ten un tronco groso con forma de botella e cheo de nós. A cortiza  é lisa e a súa madeira fibrosa, con pouca auga no seu contido.
Pode almacenar entre 6000 e 100.000 litros de auga. As flores do Baobab son hermafroditas, grandes, brancas e duran só unha noite. Polinízana os morcegos e os insectos. Florece de maio ata agosto.

O froito do Baobab ten forma de melón alongado. As sementes desta árbore teñen forma de ril. Mide entre 16 e 45 cm. 

As súas follas son simples ou dixitadas, é dicir, con forma dunha man, e poden medir desde 10 a 15 cm.

 Hai 8 especies de Baobab, entre elas 6 son de Madagascar, 1 de África e outra de Australia. 

Unha lenda do Baobab di :
se unha persoa bebía auga onde se houbera mollado sementes de Baobab  estaría protexido dos ataques de cocrodrilos. Pero se osa arrancarlle unha flor este morrería devorado por un león".

Buscado en wikipedia e no froito do Baobab. Por Sheila,Rubén e Brais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario