martes, 22 de octubre de 2013

TEMPO DE VENDIMA


A Vendima
A vendima é o acto de recoller as uvas. A época da vendima coincide co final do setembro e principios do outubro pero pode variar según o clima, se no verán fai calor pódese adiantar a vendima e se fai mal tempo pode estragar as uvas.

Nalgunhas tradidións inflúe o cuarto da lúa para decidir en que data se fai a vendima.

Estes son algúns refráns sobre a vendima:
  • Coida a viña e terás vendima.
  • En setembro vendima correndo.
  • O que non vima, non vendima.
  • Poda en Marzo, vendima no regazo.
  • A bo viño non hai mal bebedor.
  • A viña non quere máis sombra ca do amo.
  • Do bo viño, bo vinagre.
  • Despois do San Martiño, deixa a auga e bebe viño.
  • Inda non é viño e quere ser vinagre.
  • Ninguén se emboracha co viño da casa.
  • O bo viño cría bo sangue.
Información búscada en:WIKIPEDIA por Sara e Juanjo.

 
A VENDIMA DOS MEUS AVÓS

Os meus avos son uns especialistas da vendima , xa que viven no Ribeiro nun lugar coñecido polo seu bo viño .
A vendima é a arte de cortar as uvas que se fai cara o mes de setembro e outubro.
É moi interesante ver como ao dar varias mans de sulfato van medrando e madurando os acios ata que chega a hora de cortalas cunhas boas tesoiras, gardalas nos sacos e levalos no trator ata a adega. Alí písanse ou prénsanse os acios separando o pelexo do viño , despois o bagazo métese no interior das cubas para que fermente , pasados entre 12 e 15 días sepárase o bagazo do viño e deixase repousar unhos días e xa esta listo para beber .
Co bagazo moita xente fai augardente .
Para min a vendima é coma unha festa pois toda a familia se xunta para axudar aos avós. 
NEREA CARREIRO.


A vendimia é a acción de recolectar a uva para colleitala como alimento ou para facer no viño. A época da vendima é entre os meses de agosto e outubro, depende do viño desexado.
As variedades de viño: Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Monterrei e Valdeorras son as máis internacionais.
Hai dous tipos de vendima: a manual e a manual e a mecánica.
  • A vendima manual: é a utilizada para viños espumosos e de calidade. Esta maneira e a máis difícil para o viticultor xa que debe estar ao sol e facer un gran esforzó físico.
  • A vendimia mecánica: é a máis económica. Esta sole utilizarse nas grandes explotacións.
Ademáis certas tradicións teñen en conta o cuarto de Lúa para decidir a data da vendima. Existe una especie chamada viño de xeo, que se colleita de noite.
Sobre a vendima existen diversos refránse tamén música popular relacionada coa vendima. 
RUBÉN FEIJÓO GONZÁLEZ
 
A vendima en Galiza faise a finais de setembro ou principios de outono. Faise en comunidade, normalmente, os vecinos ou familiares axúdanse uns aos outros.
Córtanse os acios das uvas,e despois transpórtanse ao lagar onde se pisan cos pés descalzos.
Despois faise o prensado,para eliminar o bagazo do viño, pásase as cubas para que fermente unhas semanas onde se vai formando o alcohol, cando deixa de ferver, sepárase o bagazo do líquido.
Cos restos das uvas faise a augardente.
SHEILA
 

A vendima é a recollida de uvas para facer o viño. Faise na maior parte do mundo, no hemisferio Norte faise entre xullo e outubro.
A vendima pode ser manual ou mecánica, pero sempre respetando unhas normas como que as uvas deben estar maduras, que non estén molladas, facela en horas non moi cálidas, non aplastalas...
Primeiro recóllense as uvas, despois prénsanse para separar a polpa do pelexo e extraer o zume. Por último gárdase en cubas, xunto co bagazo, para que fermente.
Paula


No hay comentarios:

Publicar un comentario